Monos de Mar

En Monos de Mar só concibimos o surf como algo divertido, se un non o pasa ben na auga algo raro acontece.

Por iso animamos a calquera a vir xogar con nós á praia, a quitarse prexuízos e lerias e comezar a desfrutar deste deporte/xogo.

Se queres probrar imos buscarte á casa en furgo, deixámoste todo o material necesario, levámoste á praia que mellor conveña ó teu nivel, ensinámoste de que vai o asunto e asegurámoste un moi bo rato.

Así que se resides na Vía Láctea e andas pola zona de Ferrolterra anímate a chamarnos, temos alumnos/as de tódalas idades e nivéis. Tamén tivemos experiencias con outras asociacións e colexios para achegar o surf a xente que a priori ten máis dificultades para coñecer o surf.

Polo que só faltas ti por vir surfear, non agardes máis e ponte en contacto con nós.